Publicado en Actividades, Celebraciones escolares, Curso 2017/2018, Trabajamos en clase

Letras Galegas 2018

Como cada 17 de maio, festexamos o día das Letras Galegas.

Este ano adicouse a María Victoria Moreno, que inda que non é galega de nacemento, si o foi de corazón e ademáis contribuiu moito á nosa literatura infantil e xuvenil. E é a cuarta muller á que lle é adicado este día.

María Victoria Moreno

En clase falamos da súa vida, a súa obra e a profe falounos dun libro escrito por ela e chamado «Eu conto, ti cantas» que son historias sobre animais, e limos un fragmento en concreto que describía a un canciño chamado Nicolau. Unha vez rematamos de ler este texto, debuxamos como imaxinamos nós a ese canciño…

Como actividade común para toda primaria, eleximos pintar unha imaxe da autora coa técnica pop-art e con moita imaxinación…

Finalmente rematamos coa decoración dunha bandeira galega coa imaxe de María Victoria Moreno nela…

Gracias por leernos 🙂

Autor:

Bienvenid@s a nuestro mundo!! Pasen, vean, disfruten y aprendan con nosotr@s!!

Deja un comentario